publicidade hoxe

O alcalde de Bueu participa nos actos do Día escolar da Paz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+
Día escolar da Paz en Bueu

Día escolar da Paz en Bueu

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, e a concelleira de educación, María Teresa López, asistiron hoxe aos actos de celebración do Día Escolar da Paz. Así, 12.30 horas recibiron no salón de plenos do Concello aos alumnos e alumnas de 4º de ESO do IES Johán Carballeira, que presentaron a iniciativa “Día das Apertas”, consistente en repartir abrazos a cambio de globos con mensaxes de paz. No seu percorrido estiveron na Escola Infantil Galiña Azul, na Escola infantil de A Pedra, nos Centros de Día e Pescadoira e Contigo, na Praza de Abastos e, por último no Concello. Tal e como comentaron os alumnos/as, a iniciativa foi acollida de diferentes formas pola cidadanía, pero consideran que foi unha actividade moi orixinal e necesaria.

A continuación, o alcalde e a concelleira tamén asistiron ao CEIP A Pedra para participar ns actos de celebración deste día, no que tamén se entregaron os diplomas para os alumnos e alumnas de 5º de primaria que participan no programa de Titoría Entre Iguais (TEI).  Este programa consiste en titorizar a nenos e nenas de 3º de primaria coa finalidade de que se resolvan conflitos e situacións difíciles no centro.

30 de xaneiro de 2017 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.