publicidade hoxe

Nutrición animal, dixitalización, equipamento avícola e forraxes, temas centrais na xornada inaugural da feira Abanca Cimag-GandAgro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Xornada técnica para responsables de calidade

Xornada técnica para responsables de calidade

A II Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2017, a cal se celebra dende hoxe ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA, acolleu esta mañá catro xornadas técnicas nas que se abordaron diversos temas de interese para o sector. Todas elas contaron con gran afluencia, acudindo máis de 400 profesionais de distintos ámbitos da agricultura e a gandería.

Así, celebrouse a VIII Xornada Técnica para Responsables de Calidade de gmp.Galis, un programa de autocontrol sectorial que garante a seguridade alimentaria nas fábricas de pensos. Organizada pola Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) e gmp.Galis, debullou distintos aspectos sobre o control de seguridade na alimentación animal, ademais de acoller a presentación do Proxecto Galac: “Tecnoloxías para a detección rápida e control sectorial do impacto das micotoxinas na nutrición animal en Galicia”.

A ela uniuse outra xornada orientada aos profesionais da avicultura, organizada por Exafan, na cal se expuxeron as novidades en equipamento e as tendencias en climatización en granxas avícolas, ademais de presentarse o sistema de control avícola da firma, o SCA,  baixo o título “A Nube a través do SCA. Big Data”

Ademais, a feira contou con dúas conferencias, sobre aplicación de fertilizantes e os segredos das aboadoras de proxección e sobre a “pegada” do carbono do chan para a forraxe, as cales estiveron enmarcadas na xornada organizada por Delagro S.Cooperativa.

Talleres 

Por outra banda, Abanca Cimag-GandAgro acolleu esta mañá unha xornada de traballo centrada na “Estratexia e prioridades na dixitalización do sector agroalimentario galego”,  organizada polo Polo de Innovación Dixital no Sector Agroalimentario de Galicia do Campus Terra  da USC e Gradiant (Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia).

Constou de tres talleres que xiraron en torno ao rol esperado das tecnoloxías dixitais no desenvolvemento do futuro do sector agroalimentario de Galicia, as necesidades do sector agropecuario e a industria alimentaria galegos e tamén as principais barreiras e dificultades percibidas polo sector. A eles sumouse unha sesión sobre a plataforma de especialización intelixente S3 agri-food. 

26 de xaneiro de 2017 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.