publicidade hoxe

Nidia Arévalo móstrase satisfeita por ter aprobado definitivamente un PXOM participativo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, fixo balance da xornada de onte na que se aprobou definitivamente o PXOM e manifestouse “enormemente satisfeita porque o que se aprobou foi o Plan Xeral dos veciños e veciñas de Mos, o que os cidadáns mosenses quixeron, xa que 6 de cada 10 alegacións foron estimadas e, tal e como dicía onte o presidente Feijóo, este foi un Plan participativo no que as exposicións públicas foron maiores das que a lei esixía, polo que a transparencia é innegable”.

Por iso lamenta a ausencia dos grupos da oposición no acto de onte e as súas valoracións en prensa respecto do mesmo xa que “dende que eu son alcaldesa sempre os convoquei e estiveron presentes en tódalas reunións, mesas de traballo e comisións de seguemento do PXOM. Toda a Corporación Municipal fomos da man durante todo o proceso e incluso me acompañaron a Santiago á Xunta de Galicia por este tema os voceiros dos diferentes grupos, sen embargo agora chegamos ao final do traxecto e actúan conforme a intereses políticos en lugar de pensar no ben común do municipio e da súa cidadanía. Resúltame incomprensible”, apunta Nidia Arévalo.

A este respecto facía referencia a rexedora local mosense ó apoio do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ao Concello de Mos en xeral e ao seu Plan urbanístico en particular ó vir persoalmente a aprobalo definitivamente, xa que o de Mos é o primeiro municipio galego no que se produce este feito.

Así, e sobre as declaracións realizadas polos socialistas mosenses, Arévalo dí que “o PXOM de Mos é impecable e por iso viu o presidente en persoa a traer da súa man o documento definitivo, o que non é un feito frecuente nin que se produza tódolos días en todos os municipios de Galicia. En vez de alegrarse e enorgullecerse do seu municipio o PSOE de Mos sorpréndenos con unha pataleta fóra de tono”, lamenta Nidia Arévalo, e advírtelles de que teñan coidado coas acusacións que fan.

A alcaldesa alude tamén á contradicción en sí mesma dos socialistas que, “ou non saben por onde andan ou o único que queren é chamar a atención para ter o seu minuto de gloria a costa do Plan Xeral, xa que resulta incomprensible que voten a favor do mesmo na sesión plenaria extraordinaria celebrada o pasado día 2 de decembro de 2016 e agora saian dicindo que non é o Plan do todos os veciños”. “Aclárense, señores do PSOE de Mos, e aprendan a facer política constructiva e non destructiva, seguramente lles irá mellor que agora”, rematou Arévalo.

19 de xaneiro de 2017 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.