publicidade hoxe

Nava Castro destaca o investimento de 23.000 euros en Arteixo que permitiu mellorar a sinalización e accesibilidade das praias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArteixo
A-
A+
Nava Castro na visita a Arteixo. Foto: M. Fuentes

Nava Castro na visita a Arteixo. Foto: M. Fuentes

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, visitaron hoxe o concello para supervisar o resultado da mellora da accesibilidade e sinalización das súas praias.

Esta iniciativa enmárcase na liña de subvencións de máis de 1,3 millóns de euros que Turismo de Galicia destinou o pasado ano para o fomento da accesibilidade e sinalización turística nos recursos turísticos no medio rural.

A través desta liña de subvencións, o concello de Arteixo recibiu unha achega de preto de 24.000 euros sendo un dos 82 concellos beneficiarios desta liña de axudas, 24 deles da provincia de A Coruña.

Durante a visita a directora de Turismo de Galicia explicou que o obxectivo é dotar ao medio rural de Galicia das infraestruturas e sinalización adecuadas para convertelo nun recurso turístico accesible.

A responsable de Turismo da Xunta destacou que entre os principais obxectivos do seu departamento está o desenvolvemento do territorio de acordo cos principios de calidade, accesibilidade e sostibilidade.

Neste senso, Nava Castro manifestou que con iniciativas como esta potenciase o medio rural da nosa comunidade e consolídase Galicia como un destino turístico accesible para todos.

Liña de subvencións

Mediante esta liña de subvencións mellorouse a accesibilidade física e á sinalización dos recursos turísticos coma os espazos naturais, os miradoiros e as rutas de sendeirismo, as praias marítimas e fluviais ou os bens culturais.

Deste xeito, grazas a estas axudas, os concellos do medios rural puideron levar a cabo obras de construcción, ampliación ou mellora de aparcamentos para o acceso aos recursos turísticos, a pavimentación dos accesos ao recurso, así como a construcción de pasarelas e ramplas coa conseguinte eliminación de barreiras arquitectónicas.

Ademais, esta liña de axudas posibilitou a construcción, rehabilitación e mellora das instalacións que contribuén a optimizar os accesos e a circulación dos visitantes.

Así mesmo, con este investimento do departamento de Turismo da Xunta de Galicia, os concellos do rural tamén se beneficiaron da mellora da accesibilidade dos espazos naturais e a dotación de equipamentos nestes, ademais da sinalización, información visual e información táctil.

31 de xaneiro de 2017 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.