publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Rural axilizará as concentracións parcelarias abertas no concello de Meis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeis
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Meis

Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Meis

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta mañá ao alcalde do concello de Meis, José Luis Pérez Estévez, para abordar diversos temas relacionados co agro e o desenvolvemento rural deste municipio pontevedrés.

Así, analizaron a situación actual das cinco concentracións parcelarias que están abertas para determinar as actuacións a levar a cabo en cada unha delas ao longo deste ano 2017. Neste senso, a conselleira adiantoulle ao rexedor que se traballará para acadar a firmeza do acordo nos procesos de Paradela e San Salvador de Meis, mentres que nos tres restantes -Nogueira e San Martiño Armenteira (sector I e II)- se procurará solucionar as trabas administrativas que teñen actualmente.

Ángeles Vázquez comprometeuse a impulsar estes procesos co fin de mellorar as vías de comunicacións e aumentar tamén a base territorial das explotacións da zona. Entre as cinco parcelarias, estase a falar dun total de 2.913,43 hectáreas pertencentes a 5.549 propietarios.

Ademais de abordar estes asuntos, a conselleira e o alcalde de Meis trataron tamén outros aspectos relacionados coa mellora das condicións de vida da poboación rural, o fomento do emprego e as posibilidades que ofrece o agro para os máis novos.

24 de xaneiro de 2017 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.