publicidade hoxe

Maquinaria en marcha para o Fórum Gastronómico A Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Tralo grande éxito acadado nas dúas pasadas edicións, o Fórum Gastronómico repite do 12 ao 14 de marzo no recinto feiral de ExpoCoruña, na que será a súa sexta edición en Galicia e a plena consolidación do evento na Coruña.

A comercialización do espazo feiral, que medra nun 30%, vai a toda máquina e, a dous meses do evento, xa se vendeu un 85% do mesmo. A satisfacción das empresas expositoras na pasada edición fixo que moitas delas repitan neste 2017. Ata o de agora destaca unha alta porcentaxe de empresas galegas pero tamén do resto do estado español. O espazo feiral do Fórum, desta volta, tamén será un escaparate das novidades do sector e unha magnífica plataforma comercial propiciando a oportunidade de estableceren contacto directo entre profesionais e captar novos clientes entre un público especializado.

O programa de actividades xirará arredor da nova cociña galega e, ademais das novas promesas e dos grandes profesionais galegos, tamén contará con destacados chefs chegados de distintos puntos da península. Deste xeito, o Fórum convértese unha vez máis na cita de referencia e A Coruña será durante 3 días a capital gastronómica de Galicia e de todo o Arco Atlántico.

No 2015, Fórum Gastronómico A Coruña recibiu máis de 23.000 visitantes no recinto feiral e contou con máis de 70 actividades con cociña en directo a cargo de 70 relatores. Na feira estiveron representadas máis de 600 marcas.

O Fórum Gastronómico seguirá máis alá do recinto feiral de ExpoCoruña, co Fórum Cidade, que contará con distintas actividades coa colaboración do colectivo Coruña Cociña. 

17 de xaneiro de 2017 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.