publicidade hoxe

Manuel Cuíña lembra que o Colexio María Inmaculada é un referente e agarda que unha vez subsanadas as irregularidades non se cuestione a súa viabilidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña Fernández, á vista da situación que se está a vivir no Colexio Plurilingüe María Inmaculada lembra que o centro educativo “é un referente polo que pasaron moitas xeracións de veciños e veciñas nos últimos 50 anos”.

Cuiña agarda que as irregularidades que se poideran ter cometido se poidan subsanar, pero indica que “máis aló do sucedido, cuestión na que terán que intervir os responsables da Consellería de Educación”, sería “unha mala noticia para Silleda que se cuestione a viabilidade deste centro educativo”, indica.

Así, o rexedor lembra que nestes momentos hai “40 familias que dependen deste centro, polo que agardo que non se poña en dúbida a continuidade do colexio unha vez resoltas as irregularidades detectadas nas inspeccións”, engade.

13 de xaneiro de 2017 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.