publicidade hoxe

Máis de 600 estudantes participaron nas Xornadas de Educación Vial promovidas polo Concello de Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+
Xornada de educación vial

Xornada de educación vial

A totalidade dos alumnos do CEIP nº1 e do CEIP nº2 de Tui participaron nas últimas semanas nas Xornadas de Educación Vial promovidas polo Concello de Tui, a través da Concellería de Seguridade, xunto á Dirección Xeral de Tráfico e a Policía Local, coa colaboración destes dous centros educativos.

Dende o pasado xoves día 19 e ata onte luns día 30 o alumnado de Infantil e Primaria destes dous colexios participou nestas actividades que buscan concienciar aos nenos sobre a importancia da seguridade vial, e proporcionarlles os coñecementos sobre o tráfico e a circulación que redunden na súa seguridade ao transitar pola rúa.

Helena Rodríguez, coordinadora de Educación Vial da Xefatura de Tráfico de Pontevedra, e axentes da Policía Local, foron os encargados de explicar aos cativos os contidos teóricos nas aulas, e de supervisor a posta en práctica dos mesmos na  unidade móbil do parque infantil de tráfico instalada no patio e no pavillón do CEIP nº2 onde empregaron distintos vehículos coma bicicletas, motocicletas ou coches adaptados.  Así os nenos puideron aprenden coma cruzar un paso de peóns con seguridade, coma camiñar pola rúa sen beirarrúas, os funcionamento dos semáforos, a importancia do uso do casco ao circular en bicicleta e dos dispositivos de retención infantil ao ir en coche. Tamén se explicou aos cativos a figura dos axentes da policía local e o traballo que realizan. 

Dende a concellería de Seguridade do Concello de Tui continuarase o traballo en formación vial para os escolares do municipio levando a cabo esta iniciativa tamén nos outros centros escolares do municipio en canto sexa posible e haxa dispoñibilidade de datas por parte da Dirección Xeral de Tráfico. O obxectivo é que que este programa se realice periodicamente todos os centros educativos dada a importancia de que os nenos teñan coñecementos de educación vial que redundarán na súa seguridade. 

31 de xaneiro de 2017 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.