publicidade hoxe

Máis de 200 rapaces participan nos campamentos de conciliación ofertados en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Máis de 200 rapaces están a participar nos campamentos do Nadal Cultural organizados polo Concello no municipio, dos cales 157 nenos con idades entre 3 e 8 anos están a participar no Nadal Concilia de Riveira: unha acción na que estando  distribuídos en 5 grupos tiveron oportunidade de participar no día de onte nun obradoiro de pan e galletas.

Cómpre lembrar que hai tamén outros campamentos en marcha como son o Nadal Xogo, que se celebra en Aguiño e conta con 30 asistentes; ou o obradoiro de Artes Plásticas, impartido polo artista local Jontxu Argibay no Auditorio, con 20 rapaces de 9 a 15 anos.

Clausuras

Mañá terá lugar a clausura de todos estes campamentos. Concretamente, o peche do Nadal Xogo será ás 12 do mediodía coa participación da concelleira Esther patiño na Casa de Cultura de Aguiño; mentres que ás 12.30 horas está prevista a presenza do alcalde e a concelleira de Cultura no Auditorio para a entrega de diplomas dos asistentes tanto ao Nadal Xogo como ao obradoiro de Artes Plásticas.

4 de xaneiro de 2017 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.