publicidade hoxe

Luis Menor valora a revitalización dos servicios de emerxencia e Protección Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, resaltou o labor e revitalización dos servizos de emerxencias e Protección Civil municipais que traballan na nosa comunidade.

Luis Menor visitou esta mañá o concello de Narón, onde foi recibido polo alcalde, José Manuel Blanco, a primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Protección Civil e Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez.

O director xeral visitou a continuación as instalacións do Servizo de Prevención de Incendios e Salvamento “S.P.E.I.S”.de Narón, onde coñeceu “in situ”, os medios e recursos cos que conta, as súas actividades e funcionamento, así como as inquedanzas que o concello ten nesta materia. Este servizo integra todo o labor realizada en prevención planificación e intervención en emerxencias e protección civil, agrupando no mesmo a AVPC.

A AVPC de Narón é unha das AVPC mais antigas de Galiza foi rexistrada en febreiro do 1993 co número 40, e dende entón sigue ininterrompidamente o seu labor na prevención e intervención, no seu caso, das emerxencias, tanto no seu termo municipal como axudando aos concellos limítrofes.

Cómpre destacar que a Xunta fixo no anterior ano un esforzo importante no aporte de medios de emerxencias aos concellos para a súa utilización polas AVPC e/ou servizos de emerxencia municipal, creando unhas liñas de subvencións, coa entrega de vario: vehículos pick up, furgóns de loxística, Remolques de emerxencia, Embarcacións pneumáticas, Remolques con carpas para as emerxencias e Esparexadores de sal e equipos de excarceración.

Na provincia da Coruña no bienio 2015-2016 distribuíronse equipamento de emerxencias por valor de 2.451.700 euros. En concreto, o concello de Narón recibiu un vehículo todo terreo pick up e 1 remolque con carpa presurizada no 2015 e 1 remolque de emerxencias no 2016, por un valor total de 56.500 euros e 4575 euros de subvencións para gastos de mantemento da AVPC.

12 de xaneiro de 2017 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.