publicidade hoxe

Luís Emilio Batallán ofrece un concerto no Riquela Club en Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSantiago de Compostela
A-
A+

Deica pouco, Luís Emilio cumpría corenta maios desde que sacou o seu primeiro disco: “Ahí ven o maio”. Ese que o lanzou á fama a mediados da década dos 70´ e que o converteu no disco máis vendido de todos os tempos. Médico de profesión durante moitos anos, agora, Batallán céntrase ao 100% na música.

O venres 3 de febreiro ás 22.00h, o Riquela Club de Santiago vestirase de gala para recibir a Luís Emilio, alcumado por D. Álvaro Cunqueiro como Lord Batallán. Luís Emilio chega a este concerto co seu novo disco debaixo do brazo e con moitísima ilusión de facer vibrar aos santiagueses coa súa música. “Santiago… que dicir desta fermosísima cidade? Que conquista corazóns e inspira melodías” afirma Batallán.

Batallán estivo presente nos escenarios durante catro décadas de música con álbums recoñecidos como “Ballet da nena”, “Eres un fármaco” e en 2007, “Tu retrato”. Luís Emilio é coñecido polo público pola súa habilidade ao musicalizar poemas de grandes referentes da literatura galega como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro (o tan famoso tema ”Agardarei”) ou Álvaro Cunqueiro (un dos seus grandes éxitos “Quen puidera namorala” baseado no poema “No niño no voo do vento”) entre outros. O intérprete regresa aos escenarios cun traballo máis íntimo, máis coidado e máis persoal, máis arriscado. Adicado a súa nai Ofelia, recentemente desaparecida, o traballo recolle ritmos caribeños, ritmos de bossa-nova, bachata e merengue, incluso reggaetton. Se é que Batallán xa ten rédito e experiencia como para facer o que lle veña en gana. Batallán, en estado puro.

18 de xaneiro de 2017 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.