publicidade hoxe

Lores visita as obras que levarán o saneamento a 160 vivendas de Mourente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O alcalde Miguel Fernández Lores, acompañado polo concelleiro delegado da parroquia, Alberto Oubiña, visitou hoxe as obras de saneamento de Mourente, as que se están a facer para conducir as augas vertidas nos lugares de O Pazo, Carabelos, Eirós e Leirados (Bora). A obra que ten un custe de preto dun millón de euros está a cargo de CivisGlobal.

Son 5.000 metros lineais de tubaxes, á que se sumará unha rede de recollida de augas pluviais de 852 metros lineais, neste mesmo tramo da estrada Pontevedra- Ourense. Falamos da instalación de tubos de 400 mm cos seus correspondentes pozos de rexistro e sumidoiros.

“A obra da resposta a unha demanda razoable dos veciños” lembrou o alcalde quen amosou a súa confianza en que actuación estará rematada para o verán inda que o prazo de execución é de nove meses. Na visita estivo acompañado por un grupo de veciños da zona cos que comentou a actuación.

Na actualidade trabállase na instalación da canalización xeral que descorre pola estrada N-541 (Pontevedra-Ourense). Antes fixéronse os ramais secundarios, segundo explicou o concelleiro delegado da parroquia de Mourente, Alberto Oubiña. Trátase de instalar arredor de cinco quilómetros de tubaxes seguindo a estrada de Ourense N-541 entre os quilómetros 88, 89 e 90, para dar servizo a unhas 160 vivendas.

A rede de saneamento de Mourente é a última obra do convenio de colaboración asinado no seu día con Fomento. “Estábamos pendendes da facela ao tempo da obra do Ministerio que se atrasou” indicou Miguel Fernández Lores, de tal xeito que cando remate a instalación do saneamento instalaranse as beirarrúas e as medidas de seguridade viaria comprometidas.

A obra levará o servizo arredor de 160 vivendas. Con este proxecto a parroquia de Mourente tería practicamente completo o saneamento, e viríase a sumar ao 83% do rural pontevedrés que xa dispón de sumidoiros especialmente todas aquelas parroquias e núcleos próximos ao centro urbano: Lérez, Marcón, Tomeza, Lourizán, Salcedo e Mourente.

24 de xaneiro de 2017 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.