publicidade hoxe

Licítanse as obras de saneamento das zonas de Pedrahucha e Atín-Cela por 258.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170127/AnuncioO143-230117-0002_gl.html) a licitación das obras de saneamento das zonas de Pedrahucha e Atín-Cela, en Mos, por un importe de 258.000 euros. Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e enmárcase dentro dun convenio asinado entre o Concello de Mos e a Consellería do Medio Ambiente.

En concreto, as obras previstas consistirán na execución dunha nova rede de saneamento en puntos que aínda non dispoñen dela, na zona de Pedraucha e de Atín–Cela. O obxectivo destes traballos é mellorar as condicións de vida nestas zonas de Mos, para o que se eliminarán puntos de vertedura e, por conseguinte, mellorarase a calidade das augas dos ríos da contorna.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio aposta pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.

27 de xaneiro de 2017 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.