publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Investigan aos presuntos autores de dous incendios forestais en Viana do Bolo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosViana do Bolo
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Ourense informaron hoxe da investigación de dous homes como presuntos autores de dous incendios forestais no concello ourensán de Viana do Bolo.

O primeiro investigado está relacionado cun incendio ocorrido ás 12.15 horas o pasado 18 de xaneiro, na parroquia de San Mamede, Concello de Viana do Bolo, que afectou a unha superficie rasa de 100 metros cadrados.

Na investigación comprobouse que o lume se prendeu directamente na finca, ao tratar de eliminar maleza sen adoptar as medidas oportunas de seguridade.

Ademais, a Policía Autonómica tamén procedeu a tomar declaración como investigado a outro varón do mesmo concello, como presunto autor dun lume ocorrido ás 13.20 horas do mesmo día en Mourisca, cunha superficie afectada tamén de 100 metros cadrados.

O presunto autor prendeu lume no balado da súa finca co fin de queimar a maleza existente utilizando un acelerante líquido e sen dispor do correspondente permiso de queima.

Por estes dous feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de garda da Pobra de Trives (Ourense).

Na actual campaña anti-incendios forestais do 2017 foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica dúas persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

24 de xaneiro de 2017 | 16:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.