publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Investigan aos presuntos autores de dous incendios forestais en Riós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaRiósSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Ourense informaron hoxe da investigación de dous homes como presuntos autores de dous incendios forestais no concello ourensán de Riós.

A Policía Autonómica de Ourense, procedeu á imputación dun varón, como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 18 de xaneiro, na parroquia de A Trepa, no concello de Riós, e que afectou a unha superficie rasa de 400 metros cadrados. O lume foi divisado polos axentes, atopando ao autor no lugar dos feitos, quen prendeu lume directamente no balado da finca, tratando deste xeito de eliminar a maleza existente, non adoptando as medidas básicas de seguridade.

Os mesmos axentes procederon a tomar declaración como investigado a outro varón do mesmo concello, como presunto autor dun lume ocorrido o mesmo día 18, na parroquia de A Trepa, afectando a unha superficie rasa de 100 metros cadrados. O investigado prendeu lume directamente na finca co fin de queimar a maleza, sen adoptar as medidas de seguridade pertinentes.

Por ambos feitos instruíronse Dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Verín, Ourense. No que vai de ano, son catro as persoas investigadas pola Policía Autonómica por delitos relacionados con incendios nos montes galegos.

25 de xaneiro de 2017 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.