publicidade hoxe

Guitiriz acolle este sábado o Campionato Galego Cadete con 160 participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitiriz
A-
A+

O sábado 28 de xaneiro celebrarase en Guitiriz o Campionato Galego Cadete, que reunirá a 160 deportistas desta categoría (nados nos anos 2003, 2004 e 2005) e 35 árbitros. O torneo comezará ás 09.00 horas e desenvolverase ao longo da mañá coa participación de 87 homes e 72 mulleres. En xogo estará a clasificación para o Campionato de España, que se celebrará o día 4 de marzo.

Nestas categorías resulta moi complexo falar de favoritos, pero si podemos destacar a presenza entre os inscritos de medallistas no campionato de España cadete do pasado ano. Así por exemplo, en Guitiriz estará David Rodríguez (Taekanart) que o pasado ano logrou proclamarse campión de España cadete e despois acadou a medalla de bronce no Europeo da categoría, sendo cadete de primeiro ano.

Ademais, competirá no galego Iker García de la Llera, que o pasado ano logrou o título de campión de España e caeu nos cuartos de final do Europeo. Na categoría feminina podemos destacar a Nerea Piedras, que acadou a segunda posición (prata) no último Campionato de España Cadete.

26 de xaneiro de 2017 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.