publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Gironella será o último destino da primeira volta do Pescados Rubén Burela FS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O Pescados Rubén Burela FS disputará mañá a penúltima xornada da primeira volta na casa do Penya Esplugues Gironella (18.00 horas, Cem Les Moreres). A cita poderá seguirse en directo por streaming.

A escuadra mariñá intentará reforzar o bo inicio de ano, tras o traballadísimo triunfo ante o Jimbee Roldán FSF (1-0), e dar continuidade aos resultados poisitivos fronte ao sexto da táboa, que comparte puntos (22) co quinto, Ourense Envialia. Desde a cuarta praza e en pugna directa pola terceira con Alcorcón (27 puntos), as galegas chegan con moitas ganas dispostas a todo por arrebatar os tres puntos: “Medímonos a un rival cun cadro continuísta e mozo que practica un fútbol sala atrevido e atractivo, coa gran referencia da internacional Berta Velasco” advertía Lucas, xa en terras catalás.

Xunto ás baixas de longa duración de Emma e Helena, Lucas e Julio Delgado non poderán dispoñer de Judith, aínda con molestias tras o golpe sufrido na cabeza o sábado pasado en Vista Alegre fronte a Roldán; Dany chega con molestias no nocello. As mariñás realizaron a última sesión da semana en Gironella esta mañá, acabadas de chegar ao último destino da primeira volta.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS:
1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 10. Lara, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 19. Paula, 26. Elvira

13 de xaneiro de 2017 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.