publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Festival de Música Tradicional en Arcade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaSoutomaior
A-
A+

Este sábado día 28 de xaneiro a partir das 20,00 horas no Multiusos de Arcade terá lugar un festival de música tradicional coa actuación de Os alegres da Buraca  e Abeleiras de Alxan.

Os alegres da Buraca son un grupo tradicional que busca unha sonoridade especifica pero reafirmando o seu carácter gaiteiro, enxebre e festivo.

Inspíranse para facer música de formacións admiradas sempre procurando que as súas interpretacións teñan unha cuña inconfundible de “música da terra”

Representando ao Concello de Soutomaior neste festival de música tradicional actuará o coñecido grupo Abeleiras de Alxan.

26 de xaneiro de 2017 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.