publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Establécense os criterios de selección do alumnado da Escola de Hostalería de Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

Este venres reunirase o tribunal de expertos encargado de valorar as dúas ofertas presentadas para a xestión da Escola de Hostalería de Carballo, e que estará integrado por reputados profesionais de institucións coma o Centro Superior de Hostalería de Galicia. Unha vez resolto o proceso de selección da empresa que se encargará de organizar e impartir a formación abrirase o prazo de inscrición para o alumnado.

Os únicos requisitos que deben cumprir persoas aspirantes ás 15 prazas que haberá por curso na Escola de Hostalería son ter estudos de EX B ou equivalentes e os 18 anos cumpridos, xa que todos os alumnos e alumnas deberán realizar prácticas durante os dous meses de verán nas empresas habilitadas para tal fin.  A selección final realizarase en función dunha serie de criterios que xa están establecidos e que inclúen unha proba escrita, unha entrevista persoal e unha proba práctica, avaliada por unha comisión mixta integrada por representantes da empresa formadora e do Concello de Carballo.

O obxectivo da Concellería de Promoción Económica é formar aos futuros profesionais da hostalería en Carballo e na Costa da Morte. A escola ten ámbito supracomarcal e estará aberta tanto a persoas desempregadas coma a traballadores coa dispoñibilidade precisa para completar a 815 horas teórico-prácticas que se desenvolverán nas instalacións do Fórum Carballo e as 320 horas de prácticas laborais en empresas de que consta a formación.

O Concello de Carballo pretende converter a escola de hostalería do Fórum Carballo no centro dun proxecto formativo competente e innovador, que satisfaga as necesidades do tecido empresarial, do demandante de emprego e do ámbito territorial local e comarcal. Segundo a Estratexia Española de Activación para o Emprego, as ocupacións con mellores perspectivas de emprego están relacionadas cos sectores e actividades que mostran maior dinamismo: turismo, hostalería, lecer e restauración. 

17 de xaneiro de 2017 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.