publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Entréganswe 2.000 folletos informativos sobre o observatorio astronómico de Cerdedo-Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoCotobade
A-
A+

O presidente do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, vén de entregar 2.000 folletos informativos sobre o observatorio astronómico do municipio á Asociación Sirio, que é a entidade encargada de xestionar este centro. Estes materiais promocionais, elaborados en galego e castelán, distribuiranse dende o propio centro, en locais de hostalaría e outros puntos de interese para seguir incrementando a xa elevada afluencia de siareiros da astronomía, veciños e visitantes en xeral ao observatorio emprazado ao pé do monte Coirego. Cabe sinalar que este recinto recibe cada mes a centos de visitantes que acuden a visitas guiadas, actividades variadas ou simplemente a contemplar os distintos fenómenos astronómicos nas xornadas organizadas por mor destas efeméredes. Cubela valorou moi positivamente o gran traballo da asociación e amosouse confiado en que seguirá facendo medrar os atractivos e interese polo obsevatorio cotobadés.

5 de xaneiro de 2017 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.