publicidade hoxe

Entréganse os premios do XVII Concurso de Escaparates de Nadal de Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Entrega de premios do Concurso de Escaparates

Entrega de premios do Concurso de Escaparates

Hoxe tivo lugar no salón de Plenos do Concello de Silleda a entrega dos premios do XVII Concurso de Escaparates de Nadal organizado dende a Concellería de Comercio. O alcalde, Manuel Cuiña e a concelleira Ana Luisa González presidiron a entrega de galardóns que recaeron por esta orde en Floristería Carmiña (1º premio con 200 euros outorgado polo Concello); A Casiña dos Contos (premio á Orixinalidade, dotado con 150 euros outorgado polo Hotel Vía Argentum) e premio á mellor exposición de produto, para El Atelier de Collette, dotado con 100 euros en vales de compra por xentileza de ECOS.

O alcalde e a concelleira destacaron o elevado nivel e calidade dos escaparates silledenses e agradeceron a participación dos máis de 50 establecementos que concorreron nesta edición. Tamén agradeceron a colaboración de Vía Argentum, representado no actor polo director do hotel José Jaime Ferrer, e do colectivo ECOS así como do Ciclo Superior de Comercio do IES Pintor Colmeiro, con alumnos e mestres que participaron como xurado.

4 de xaneiro de 2017 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.