publicidade hoxe

Dúas persoas detidas por presuntos delitos de violencia de xénero na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSucesos
A-
A+

– Ás 20:28 horas do 31 de decembro, unha dotación policial trasladouse a unha vivenda da zona dos Castros, onde, segundo unha chamada á Sala Operativa do 092, estaba a producirse un episodio de violencia machista. A patrulla atopou no portal do edificio a dous homes: o propietario da vivenda e testemuña dos feitos e o presunto agresor. Aos poucos minutos, baixou ao mesmo portal a vítima, que explicou á dotación cómo a súa parella lle agarrara fortemente do pescozo e indicou que, aínda que nunca o denunciara, non era a primeira vez que a agredía. O denunciado, un home de 35 anos, foi detido e informóuselle dos dereitos que lle asisten segundo a lexislación vixente.

– Ás 07:12 horas do 1 de xaneiro, unha dotación policial é requirida por unha muller que se estaba a apear dun taxi na zona do Ensanche, que denunciou que fora agredida intres antes polo seu marido, o cal aínda se atopaba no interior do vehículo. A patrulla comprobou que a vítima, unha muller de 37 anos, tiña os beizos inchados e marcas na cara e man, polo que procedeu á detención do agresor, un home de 32 anos, o cal foi informado dos dereitos que lle asisten segundo a lexislación vixente. Outra dotación procedeu ao traslado da vítima ao Centro de Saúde da Casa do Mar.

2 de xaneiro de 2017 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.