publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Curso de Monitor de Fútbol Base en Cerdedo-Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoCotobadeDeportes
A-
A+

O concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade acolle nos tres primeiros meses do novo ano un curso de monitor de fútbol base. A Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Fútbol pon en marcha esta actividade en colaboración co Concello. O prazo de inscrición xa está aberto e o curso dará comezo o 12 de xaneiro e rematará o 27 de marzo. As clases impartiranse os luns e os xoves de 19:30 a 22:30 horas desenvolvéndose a parte teórica na Sala Multiusos do Concello de Cerdedo-Cotobade e a parte práctica no campo As Extremas.

Recentemente o Director da Escola de Adestradores, Manuel Mosquera, e o xefe de estudos, David Sierra, visitaron Cotobade para ultimar o curso co alcalde e o responsable deportivo municipal.

Os interesados poden formalizar a inscrición de maneira online no enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_EE_GstInscripcion?cod_primaria=5000446

Ou tamén poden realizarse as inscricións chamando poñéndose en contacto coa Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Fútbol (981120619, ext.5) ou no correo electrónico escueladeentrenadores@futgal.es

9 de xaneiro de 2017 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.