publicidade hoxe

Curso de alfabetización dixital para os vinte alumnos do Obradoiro de Emprego Semente de Pedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

Os vinte alumnos e alumnas que integran o Obradoiro de Emprego Semente de Pedra 2016 do Concello de Silleda están a recibir estes días formación complementaria en alfabetización dixital. As sesión impártense na aula municipal de informática sin ana Casa de Cultura.

Con esta iniciativa buscase que os alumnos/traballadores adquiran coñecementos básicos sobre os conceptos informáticos e se familiaricen coas novas tecnoloxía. O obxectivo nese caso e que os participantes adquiran unhas destrezas básicas no sistema operativo e operacións elementais, coñecer básicamente e con carácter práctico as principias aplicacións en ofimática, e achegarse tamén a Internet.  

Para a celebración deste ciclo establecéronse grupos segundo o nivel do alumnado. O curso impártese por separado para as dúas especialidades formativas do Obradoiro: instalación e mantemento de xardíns e colocación de pedra natural.

Esta formación complementaria súmase á recibida en días pasados en materia de Prevención de Riscos Laborais ou o ciclo adicado á  Sensibilización Medioambiental.

O Obradoiro de Emprego Semente de Pedra arrancou a finais do pasado mes de novembro en Silleda. Participan un total de 20 alumnos-as/traballadores, 8 no módulo de Canteiría  e colocación de pedra natural, e 12 no de  Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. 

O obradoiro, que na parte práctica desenvolverá accións coma a mellora do entorno da praza da Igrexa de Silleda ou o acondicionamento da parcela onde se ubicará a Residencia e Centro de día de Maiores,  percibiu  por parte da Xunta de Galicia unha axuda por valor total de 179.134,20 euros.

5 de xaneiro de 2017 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.