publicidade hoxe

Cristian Toro recollerá o premio a mellor deportista masculino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Cristian Toro

Cristian Toro

O próximo 4 de febreiro, a Real Federación Española de Piragüismo acolle no auditorio do Comité Olímpico Español, a XXXIV Gala Nacional de Piragüismo, na que se entregarán os Premios Nacionais aos mellores do 2016, así como as entregas dos premios aos mellores clubs clasificados nas ligas Nacionais das distintas modalidades.

A función dará comezo ás  18.30 horas coa entrega de premios aos tres primeiros clasificados dun total de 11 Ligas, ademais de entregar o premio ao mellor clasificados nas catro Copas, dos cales 14 recaen en deportistas e clubs galegos.

O campión olímpico do Club Fluvial de Lugo, Cristian Toro recollerá o premio ao mellor deportista masculino “Trofeo David Cal”, galardón que terá que compartir co seu compañeiro de embarcación Saúl Cravioto e os mallorquino Marcos Cooper, medalla de ouro en K1 1000 metros.

David Barreiro, canoista do Club Náutico Rodeira é o premiado como o mellor deportista masculino da categoría xuvenil, Roi Rodríguez do Kaiak Tudense do mesmo xeito que no 2015 leva o premio ao mellor deportista masculino sub-23. Laura Naveiro do Club Breogán do Grove foi nomeada como a mellor deportista feminina da modalidade de paracanoe.

Polo que respecta á entrega de premios das distintas ligas o Kaiak Tudense leva o trofeo ao segundo mellor club da liga Sprint Olímpco Hernando Callega, o terceiro posto é para o Club Breogán do Grove que tamén recibirá o seu merecido galardón. Ademais, os de Tui levarán o trofeo de gañador da Copa S.M. O Rei Senior 2016 e os do Grove o premio como vencedores da Copa S.M. A Raíña Senior 2016.

A 1º Liga Sprint Feminina deixa como vencedor ao Club Breogán do Grove e en terceira posición ao C.E.P. Cidade de Pontevedra.

O Club PiragüismoPenedo collerá o trofeo como vencedor da liga Novas Promesas de Slalom que por primeira vez na historia da modalidade levarallo un club galego, por outra banda, na modalidade de augas tranquilas o Club Náutico Pontecesures recollerá o premio de segundo clasificado na liga de Novas promesas.

O Club Piragüismo Montaña Quixós, tercer clasificado na liga de Descenso de Augas Bravas recollerá o trofeo pola terceira posición que ocupou ao final da tempada.

Para terminar, cos premiados ao C.E.P. Cidade de Pontevedra seralle entregado o seu premio como vencedor da Copa Feminina Xuvenil.

Hai que dicir, que esta Federación Española esqueceuse das copas cadete e infantil tanto en masculino como feminino, un feito que priva ao Club As Torres Romaría Viquinga, Club Náutico Pontecesures e C.E.P. Cidade de Pontevedrade recoller o seu merecido premio como vencedores das copas cadete feminina, copa infantil masculina e feminina respectivamente.

Por último facer mención ao premio ao apoio institucional no cal está galardoado o Concello de Catoira pola súa colaboración co VI Congreso Internacional de Adestradores.

20 de xaneiro de 2017 | 10:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.