publicidade hoxe

Créase a Rede de Asociacións de Mos e a súa ferramenta dixital: un Facebook común

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A mediados do pasado mes de novembro o Concello de Mos, representado neste caso pola súa alcaldesa, Nidia Arévalo, e polo concelleiro de Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, convocaba ás directivas das asociacións do municipio para tratar de poñer en marcha un proxecto común de dixitalización para o tecido asociativo mosense. Pois ben, a día de hoxe o proxecto é unha realidade que conta cunha plataforma tecnolóxica dixital activa: o Facebook da Rede de Asociacións de Mos (RAM).

O proxecto piloto de innovación social Dixital InnovaticMos, inclúe a Fase de Formación e a Fase de Innovación Social Dixital, a través da que se creou o Facebook da Rede de Asociacións de Mos, RAM.

A Fase de Formación foi executada no 2016, e actualmente estase a iniciar a eleboración da programación do 2017. E a fase de Innovación Social Dixital iniciouse no mes de novembro e actualmente estanse incorporando progresivamente á plataforma as asociacións do municipio.

O obxectivo desta plataforma é que as asociacións mosenses teñan unha ferramenta común que poidan utilizar para dar difusión ás súas noticias, eventos e actividades, para que toda a poboación teña acceso a esta información, pero que tamén calquera persoa en calquera parte do mundo, poida ter acceso a ela.

O próximo luns, día 16 de xaneiro, de 18:00 a 20:00 horas, na Axencia de Colocación de Mos vaise a desenvolver unha sesión dirixida ás asociacións interesadas en incorporarse/asociarse ao Facebook da RAM (Rede de Asociacións de Mos). O voluntario dixital do Concello, Antonio Pasarín, axudará a todas aquelas asociacións que necesiten realizar algunha consulta sobre o Facebook da Rede e explicará como compartir noticias co Facebook da RAM, ou aquelas asociacións que non teñan Facebook e queiran abrir un, daralle as pautas pertinentes para facelo.

As agrupacións interesadas en asistir a esta reunión deben confirmar asistencia no correo electrónico da RAM: redeasociacionsmos@gmail.com

O Facebook da Rede de Asociacións de Mos, xa está dispoñible para calquiera persoa que queira visibilizalo, e neste momento ten un alcance de 5.821 persoas (é dicir, persoas que lle deron a “me gusta”, fixeron algún comentario, ou solicitaron amizade). Polo que, queda demostrado o alcance que pode acadar esta ferramenta, que está ao servizo to tecido asociativo e da cidadanía mosenses, podendo compartir e consultar todalas aquelas noticias e actividades a desenvolver. Dende o departamento municipal de Novas Tecnoloxías que dirixe o edil Óscar Soto tamén se manterá activa diariamente esta ferramenta.

O que se pretende con esta iniciativa dende a administración local é a visibilización das entidades asociativas de Mos, que se fagan visibles, que se saiba que existen; e para iso son necesarias reunións coma esta de recopilación e intercambio de información. Así mesmo fomentarase a participación das entidades asociativas nas redes sociais, ao tratarse estas últimas das ferramentas dixitais con máis peso e presenza na actualidade.

A idea é que toda a información que se incorpore a esta plataforma teña un tratamento individualizado elaborado por cada asociación en cuestión. E un aspecto moi importante e interesante, tratarase dunha ferramenta que permitirá que as entidades colaboren entre elas na medida que lles interese ou consideren necesario.

A idea

Este proxecto naceu tras detectarse a necesidade de divulgación informativa das actividades de cada asociación. Deste xeito surxiu a idea dun proxecto piloto para facilitar un espazo común a través dunha ferramenta dixital coa que poder compartir esa información.

En definitiva, trátase este dun proxecto piloto de innovación social dixital, cuxa finalidade é a introducción das novas tecnoloxías entre a poboación mosense a través da formación TIC e a visibilización e participación social das entidades asociativas nas que se concentra esa poboación. O Concello pretende que este espazo teña a consideración de ferramenta de marketing cidadán das entidades asociativas. É dicir, que sexa unha ferramenta que utilicen e nutran as entidades asociativas para darse a coñecer e dar a coñecer as actividades que se organicen desde as mesmas, e que a súa vez, permita obter oportunidades de colaboración entre elas ou con outras entidades de similar sector, ou calquera interesada.

13 de xaneiro de 2017 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.