publicidade hoxe

Córtase ao tráfico o primeiro tramo de Rodrigo de Mendoza para podar palmeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O primeiro tramo da Avenida Rodrigo de Mendoza pecharase ao tráfico mañá a media noite co obxecto de permitir a realización da poda das palmeiras da medianeira da vía. Calcúlase que os traballos duren un par de horas. A poda, prevista nas medidas de loita contra o escaravello picudo realizaranse en horario nocturno para non repercutir no denso tráfico que esta avenida rexistra durante todo o día.

A actuación precisa que se pechen os dous carrís da circulación no fronte a Fexdega por motivos de seguridade, xa que podería caer algunha rama, e tamén porque a altura das palmeiras require o uso dun guindastre que ocupará parte da vía.

En calquera caso, os vehículos dispoñen de alternativas tanto rodeando Fexdega polo aparcamento traseiro, como desviándose pola Rúa Limoeiro ou Fariña Ferreño.

Os traballos serán realizados por persoal de Xardíns e Medio Ambiente co apoio do Servizo Municipal de Emerxencias e da Policía.

23 de xaneiro de 2017 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.