publicidade hoxe

Conclúe a mellora do camiño rural de Agro da Cuña con pavimento ecolóxico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Mellora do Agro da Cuña

Mellora do Agro da Cuña

O Concello de Riveira informa da conclusión dunha nova actuación consistente na mellora dun camiño rural en Agro da Cuña, lugar situado en Vixán, na parroquia de Carreira.

A actuación foi realizada pola empresa Alberto Pérez Sampedro e o seu prezo ascendeu a 45.796,44 euros, IVE incluído. A obra conta cunha achega da Xunta adscrita a axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos parques naturais de Galicia.

Charcos e surcos

O camiño situado dentro do parque natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, serviu para solucionar as incidencias que presentaba en época de mal tempo en forma de charcos e surcos que dificultaban o acceso ás fincas e vivendas da contorna.

Por esta razón elaborouse un proxecto técnico que incluíu a adecuación da parte inicial e final do camiño pavimentándoo cun firme que permita o tránsito de forma cómoda e segura. A tal efecto aplicouse un pavimento continuo ecolóxico de 15 centímetros de espesor a base de cal hidráulica natural en consonancia co espazo protexido no que está ubicado. A superficie total mellorada foi de 1.395 metros cadrados.

9 de xaneiro de 2017 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.