publicidade hoxe

Comeza a XVIII edición de Noites Abertas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Esta fin de semana comeza unha nova edición de Noites Abertas. E xa van dezaoito. A diferenza desta décimo oitava edición coas anteriores é que conta exclusivamente con orzamento municipal posto que a convocatoria anual de subvencións do Plan Nacional sobre Drogas este ano non foi convocada. Así o Concello de Pontevedra achega os 100.000€ de custo do programa para ofertar 91 actividades diferentes en 24 xornadas durante 13 fins de semana, dende o venres 27 de xaneiro ata o sábado 29 de abril.

O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, subliñou os factores que fan de Noites Abertas unha experiencia “única e imprescindíbel”:

É democrática: a mocidade participa no deseño e na xestión.

É un banco de probas: hai empresas á procura de talento nas Noites Abertas

Oferta lecer alternativo

É galega e en galego

Loita pola igualdade e contra a violencia machista

Nesta edición participan 17 asociacións e clubs deportivos realizando 21 actividades; participan tamén 21 empresas pequenas (sobre todo autónomos) que realizan 26 das actividades e prestan 8 servizos. Colectivos informais de mozxs realizan 21 actividades e 23 son realizadas por persoas novas a título individual. En total, serán 91 actividades diferentes, entre as que podemos atopar deportes, manualidades, bailes, xogos, actividades musicais, etc…

Ibuprofeno Teatro e antigxs monitorxs do programa encárganse dende hoxe e ao longo desta semana, de promocionar a nova programación de Noites Abertas, a través de intervencións teatrais e de animación nos diferentes institutos da cidade, así como no campus universitario e nas rúas e prazas dadiferentes institutos da cidade, así como no campus universitario e nas rúas e prazas da cidade. Calendario e horario desta difusión:

Martes, 24 de xaneiro.

11.00-11-30 horas. Frei Martín Sarmiento

12.05-12.35 horas. IES Torrente Ballester

13.00- 13.30 horas. Facultade de Belas Artes

14.30 horas. IES Valle Inclán

17.00-19.00 horas. Saída Praza do Concello, Peregrina, Ferrería e arredores

Mércores 25 de xaneiro

11.30- 12.00 horas. IES A Xunqueira I e IES A Xunqueira

12.05-12.35 horas- IES A Xunqueira II

12.45. 13.05 horas. Facultade de Ciencias da Educación e Deporte

13.10-13.20 horas. Facultade de Fisioterapia

13.30-14.00 horas. Comedor da Facultade de Ciencias Sociais

14.00-14.30 horas. Comedor de Forestais

Xoves, 26 de xaneiro

11.00-11-20 horas. IES Montecelo

11.40-12.00 horas. IES Luis Seoane

13.13.30 horas. CIFP Carlos Oroza

Venres, 27 de xaneiro

11.30-12.00 horas. IES Sánchez Cantón

Para participar nas actividades só hai que ter entre os 12 e os 30 anos e querer pasalo ben os venres e sábados en Pontevedra.

Toda a programación pode consultarse na web www.noitesabertas.gal .

Máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Pontevedra 986840367 (de 9 a 15h) e no mail noitesabertas@pontevedra.gal

24 de xaneiro de 2017 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.