publicidade hoxe

Cita na Casa da Cultura de Ordes para constituír a primeira axencia espacial galega escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrdes
A-
A+

O vindeiro venres, 20 de xaneiro, a Casa da Cultura de Ordes será lugar de reunión para a primeira sesión de cara á constitución da axencia espacial galega escolar.

O acto dará comezo ás 11 horas e nel participarán máis de 150 estudantes de secundaria dos institutos Miraflores (Oleiros) e Marcos do Camballón (Vila de Cruces), así como do Maruxa Mallo (Ordes), encargado de organizar a cita. A proposta está baseada no exitoso proxecto MarumaSat. Cos pés no chan e os ollos nas estrelas e que supuxo o lanzamento dunha sonda espacial construída por alumnos e alumnas do instituto ordense, a cal alcanzou os 30.000 metros de altura co fin de recoller datos científicos sobre a atmosfera de cara ao seu posterior estudo.

Entre as actividades previstas para pasado mañá figuran a presentación do proxecto Marumasat e a exposición do material empregado e do traballo realizado por cada unha das comisións que formaron parte do dito proxecto inicial. En total levaranse a cabo oito comunicacións, das cales dúas delas correrán a cargo dos novos centros que se adhiren a ests iniciativa e que tratarán sobre aspectos científicos que permitan obter datos máis sotisficados, ademais doutros sobre a imaxe e marca da nova axencia. Entre os obxectivos máis inmediatos que se perseguen destácase o de darlle continuidade  a ‘Marumasat. Cos pés no chan e os ollos nas estrelas’.

18 de xaneiro de 2017 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.