publicidade hoxe

Charla sobre doazón de médula en Bueu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A concellaría de sanidade de Bueu organiza este xoves ás 18 horas unha charla sobre doazón de médula no Centro Social do Mar. Marta álvarez Vázquez, de Coordinación de Transplantes de Galicia da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) será a encargada de impartila, e contará coa colaboración da concelleira de sanidade de Bueu, María Teresa López González. Desde o Concello de Bueu convídase a todas as persoas a asistir e informarse sobre este tema de interese e do que aínda existe un gran descoñecemento.

25 de xaneiro de 2017 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.