publicidade hoxe

Charla sobre a mediación na Sala Félix Rodríguez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

A Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acollerá este venres, 20 de xaneiro, ás 18h unha charla sobre a mediación organizada polo Concello de Tui coa colaboración deMEDIAC-CION – Mediación y Solución.

Esta actividade ten lugar coincidindo co Día Europeo da Mediación que se celebra este sábado, 21 de xaneiro. O Comité de Ministros da Unión Europea aprobou o 21 de xaneiro de 1998 a Recomendación n º R (98) 1 aos estados membrosrecoñecendoe lexitimandoamediación co obxectivo de mellorar a comunicación, reducir os conflitos entre as partes en disputa, producir solucións amigables, reducir a cantidade de tempo requirido en resolver os conflitos e reducir os custos sociais e económicos.

A charla correrá a cargo dos mediadores Juan M. Señoráns Arca e Patricia García Pérez de MEDIAC-CION – Mediación y Solución, xunto ao concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán. Os asistentes á chala poderán coñecer polo miúdo coma a mediación pode axudar na resolución de conflitos, sendo un medio alternativo ou complementario a un proceso xudicial aplicable no ámbito familiar, empresarial, de comunidades de veciños…

A entrada para a charla é de balde até completar o aforamento.

17 de xaneiro de 2017 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.