publicidade hoxe

Charla ‘Educando con disciplina positiva’ en Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O Museo do Traxe acollerá durante os dous próximos venres, 3 e 10 de febreiro, a obradoiro ‘Educando con disciplina positiva’. O horario via dende as 18 ata as 20.30 horas e a entrada será de 4 € mentres que para as persoas que posúan o carné  amigo da ANPA Campomaior poderán acceder de balde. A encargada de   conducir a sesión será Bibiana Infante Cano, psicóloga fundadora de Disciplina Positiva Galicia.

A disciplina positiva ensina a tratar e educar dende o respecto e a igualdade, ofrecendo ferramentas e o apoio necesario para edicar con saúde emocional e aliviar a aliviar a sensación de frustración que invade a pais e nais que non son capaces de controlar o comportamento dos seus fillos. Para máis información pódese consultar a páxina http://disciplinapositivagalicia.com/.

31 de xaneiro de 2017 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.