publicidade hoxe

Casal e Barreiro serán distinguidos pola Federación Española de Piragüismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportesDeportes Portada
A-
A+

Os deportistas do Real Club Náutico Rodeira Álex Casal e David Barreiro serán premiados na festa anual da Federación Española de Piragüismo.

O xogador Álex Casal será galardoado cunha mención especial na categoría colectiva de Mellor Equipo 2016. O cangués colgouse a medalla de bronce no Mundial de Siracusa coa selección española de kaiak polo. Pola súa banda, Barreiro recibirá tamén na XXXIV Gala Nacional de Piragüismo a distinción que o acredita como Mellor Promesa Masculino en categoría júnior.

A entrega de premios terá lugar o próximo 4 de febreiro no Comité Olímpico Español (18:30 horas).

Casal, de novo co combinado nacional

O seleccionador Jorge Pérez incluíu na primeira concentración do ano da selección española a Álex Casal. Os xogadores reuniranse os próximos días 28 e 29 de xaneiro en Madrid.

19 de xaneiro de 2017 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.