publicidade hoxe

Cangas lanza unha nova campaña promocional en bolsas de papel reciclado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Concellería de Medio Ambiente e Turismo ven de presentar hoxe as novas bolsas promocionais do Concello. Estas bolsas, realizadas con papel reciclado, incorporan fotografías das tres Danzas ancestrais que conforman unha da dúas Festa de Interés Turístico de Galicia coas que contamos. A adquisición destas bolsas contou coa subvención da Axencia de Turismo de Galicia 2016. Esta subvención só contempla subvencionar unha Festa de Interés Turístico de Galicia por municipio e, “dado que durante moitos anos foi subvencionada a Semana Santa, este ano adicouse ás Danzas Ancestrais”.

Coincidindo coa celebración da primeira Danza Ancenstral do Ano, a Danza de Aldán, o concello presenta e pon a disposición de toda a veciñanza ditas bolsas. Poderán recollelas esta semana na Biblioteca Municipal de Aldán e ao longo do ano na Oficina central de Turismo situada na Casa da Bola. “A recuperación e conservación das Danzas Ancentrais de Aldán, Darbo e O Hio é un exemplo claro do orgullo que á veciñanza sinte polo propio. Trátase dunha iniciativa admirable que hai que apoiar sen dúbida. Dende a Concellería só me queda agradecer ás Asociacións que se encargan, con moito esforzo e dedicación, a divulgar o noso patrimonio inmaterial propio, que nace dun sentimento e facer común”.

Este agradecemento faise extensivo a tódolos colectivos que organizan as dúas Festas de Interés Turístico de Galicia coas que contamos en Cangas:

1) Danzas Ancestrais:

– Asociación Cultural Danza de Aldán.

– Asociación Cultural Danza de Darbo.

– Asociación Cultural Danza de O Hio.

2) Semana Santa:

– Confradía do Cristo do Consolo.

– Irmandade dos Dores e da Soidade.

– Confraría do Cristo Resucitado.

– Confradía da Misericordia.

– Agrupación San Pedro.

19 de xaneiro de 2017 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.