publicidade hoxe

Cabalgata de Reis en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Con motivo da celebración da Cabalgata de Reis o vindeiro xoves 5 de xaneiro

INFORMAMOS:

– A cabalgata de Reis sairá ás 18:00 horas da Rotonda do Porto, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, pudendo adiantarse unha hora se así o aconsellasen as previsións.

– O percorrido será pola Rúa Montero Ríos e Avenida Castelao, rematando diante do Concello onde se levará a cabo un espectáculo pirotécnico. A continuación os Reis recibirán aos nenos e nenas na Casa do Concello.

– Que a circulación do tráfico no Centro de Cangas quedará cortada de 17:30 a 20:00 horas desde a rotonda do mexillón (Avenida de Bueu) ata o cruce da Avenida de Marín.

Por motivos de seguridade recoméndase aos asistentes manter a distancia de seguridade coa comitiva e seguir en todo momento as instrucións do persoal de seguridade e protección civil responsables da seguridade do evento.

Tamén se recomenda evitar o uso inadecuado dos paraugas para a recollida de caramelos polo perigo que supón para as persoas do público.

3 de xaneiro de 2017 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.