publicidade hoxe

Bueu acolle o IV Trail de Cela, combinación de carreira e andaina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuDeportesDeportes Portada
A-
A+

O Club de Atletismo Corredoiras e o Concello de Bueu organizan este domingo o IV Trail de Cela, unha iniciativa deportiva que combinará unha andaina de 18 quilómetros e un trail de 24 quilómetros. As inscricións pecháronse este xoves e xa hai un total de 388 participantes, dos que 200 son da andaina e 188 do trail. Así o salientaron na rolda de prensa celebrada este mediodía no Concello de Bueu, na que estiveron presentes membros da directiva do Club Corredoiras, ademais de Manuel Otero, concelleiro de deportes, e Félix Juncal, alcalde da vila.

Os participantes sairán ás 10.00 horas dende a zona do Igrexario de Cela e percorrerán diversas zonas de área de montaña, baixando logo á Barraca, subindo a Paralaia, Ermelo, con descenso ata Coiro, e tras uns pequenos xiros volta a Cela, unha alternativa que se introduciu na pasada edición e que funcionou moi ben

Segundo destacaron os presentes, existirán catro postos de avituallamento espallados ao longo do percorrido da proba: un de líquidos á altura do quilómetro 8, outros dous de líquido-sólido nos quilómetros 13 e 20, e un último na meta. Ademais existirán duchas a 300 metros e algúns petiscos ao remate da proba.

As categorías están divididas en absoluta, de entre 18 e 44 anos de idade, e veterán, de 45 anos en diante. Deles entregaranse trofeos para os tres primeiros clasificados tanto en categoría masculina como feminina, e na andaina, trofeos para os tres primeiros clasificados sen distinción de sexo.

Ademais haberá un premio para os primeiros locais, que son os homes ou mulleres que cheguen antes á meta e que sexan nados de Bueu. 

13 de xaneiro de 2017 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.