publicidade hoxe

Beatriz Mato anima á firma Alazia Couture a seguir traballando a prol do emprendemento verde e a economía circular

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Beatriz Mato na reunión con Alazia Couture

Beatriz Mato na reunión con Alazia Couture

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, animou a tres deseñadoras, Carmen Louzao, Tania Aria e Tania Taboada, que impulsaron a firma galega de moda sostible, Alazia Couture, a continuar co seu traballo “respectuoso” co medio ambiente e cos principios da economía circular.

Mato destacou a capacidade emprendedora desta empresa téxtil e eloxiou a súa iniciativa, que busca substituír o modelo de producir, consumir e tirar por outros nos que os materiais de refugallo se reincorporan unha e outra vez aos procesos produtivos.

Alazia Couture é unha sociedade cooperativa de recente creación e con sede en Lugo que ofrece prendas fabricadas con tecidos feitos a partir da reciclaxe de botellas de plástico usadas, fibras lácteas extraídas da caseína do leite (especialmente indicadas para persoas con alerxias e outras enfermidades da pel), ou algodón orgánico, cultivados en terras libres de substancias tóxicas, pesticidas e insecticidas. Así mesmo, no seu proceso de produción utilizan tecidos con tinturas naturais, a partir de extractos de froitas e flores que confiren ás súas prendas tonalidades únicas.

31 de xaneiro de 2017 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.