publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Augas da Galicia enviará técnicos a inspeccionar a rede de saneamento e abastecemento de Amoeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmoeiro
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Amoeiro

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Amoeiro

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo unha reunión co alcalde de Amoeiro, Rafael Rodríguez Villarino, ao que lle avanzou que persoal técnico de Augas de Galicia desprazarase ata o municipio para analizar in situ a situación da rede de saneamento.

O alcalde expúxolle á conselleira que na actualidade o núcleo da capital conta cun rede de fibrocemento, polo que sería necesario levar a cabo unha actuación de mellora do saneamento.

Outro dos puntos abordados na reunión centrouse nas necesidade en materia de abastecemento. O alcalde aclarou os problemas que ten a rede a nivel de captación e plantexou a posibilidade de retomar un proxecto para mellorar esta infraestrutura. Dende a Consellería de Medio Ambiente invitouse ao alcalde a remitir a información sobre o proxecto, co fin de analizar a documentación e valorar a capacidade de establecer fórmulas de colaboración.

26 de xaneiro de 2017 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.