publicidade hoxe

As vantaxas e riscos das compras por Internet centrarán a charla informativa no Centro de Matosinhos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía en colaboración co Instituto Galego de Consumo organizan unha charla co obxectivo de informar aos consumidores sobre as avantaxas e riscos das compras por internet. A actividade, que se enmarca no ciclo “Consumo na Rede”, celébrase o luns, 9 de xaneiro, ás 11 da mañá no Centro de Matosinhos e está aberta a todos os interesados.

A sesión informativa desenvólvese nun momento de especial interese dado que coincide co inicio da temporada de rebaixas que tamén se abre no comercio electrónico. Ese sistema de comprar a distancia a través de plataformas, de redes sociais e que se pode realizar tanto a través do ordenador como de dispositivos móbiles, medra de xeito exponencial, de aí a necesidade de que os usuarios coñezan as avantaxes que proporciona, pero tamén as ameazas ou riscos que supoñen. Tamén informarán sobre os dereitos que asisten á persoa que realiza unha compra a través das novas tecnoloxías a hora de realizar devolucións ou cambios. Tamén se ofrecerán consellos e recomendacións para un uso responsable.

A charla terá duración de hora ou hora e media e realizarase a través do sistema de vídeo conferencia desde a Escola Galega de Consumo. Está orientadas a todos os públicos ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.

As persoas interesadas en seguir o evento a través de vídeo conferencia que se emitirá na aula CeMIT de Vilagarcía, poderanse inscribir a través da plataforma XEA -no caso de ser usuario rexistrado das aulas CeMIT-, ou de maneira presencial no Centro de Formación Permanente Matosinhos sito na Avda. Matosinhos nº1. Tlf. 986 511621.

4 de xaneiro de 2017 | 11:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.