publicidade hoxe

Apertura do prazo de inscrición en seis accións formativas da Axencia de Colocación de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Dende a concellería de Formación, Emprego e Novas Tecnoloxías que dirixe o edil Óscar Soto Abadín infórmase de que está aberto o prazo de inscrición en varios cursos organizados e programados na Axencia de Colocación de Mos. Para participar en calquera das accións formativas que a continuación se detallarán os interesados poden enviar os seus datos ó enderezo de correo electrónico info@axenciadecolocacionmos.es

Para  o curso de Maiores en Rede quedan 6 prazas libres. Empezará o 23 de xaneiro e rematará o 20 de febreiro.

Outro dos cursos é o de Iniciación á Informática, Programa de Capacitación Dixital Nivel 1. Terá unha duración de 10 horas a impartir en horario de tarde.

Tamén está aberto o prazo para becaMOS, iniciativa para certificar as competencias dixitais dos xoves mosenses para mellorar a súa empregabilidade. Nela formarase e certificaranse as competencias dixitais en Oficce 2010/2013 e mellorarase o currículo dos alumnos/as engadindo a acreditación oficial Microsoft Office Specialist.

Ademais está aberto o grupo para a preparación das probas para obter o título e graduado en ESO e acceso a ciclos medio e superior. Trátase do programa Segunda Oportunidade que se imparte en horario de tarde de 16.00 horas a 20.00 horas.

Tamén está aberta a convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través dá experiencia laboral. Desde a Axencia de Colocación pódese informar e axudar ás persoas que queiran presentarse a este proceso.

Por último, o día 25 de xaneiro impartirase un taller formativo con Xosé Alberte Cea, experto en orientación laboral e e desenvolvemento profesional nunha contorna  dixital. Terá lugar ás 09:30 horas. As persoas interesadas deben así mesmo inscribirse enviando os seus datos a info@axenciadecolocacionmos.es

13 de xaneiro de 2017 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.