publicidade hoxe

Amplíanse as prazas para o obradoiro sobre a elaboración de pan de millo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Debido a gran demanda obtida na inscrición do I Obradoiro sobre a elaboración de pan de millo, previsto para o 11 de febreiro,  que organiza a Asociación Quinta do Piñeiro, amplíanse e ábrense novas datas para inscribirse e participar, o próximo será o vindeiro 18 de febreiro.

A  Asociación Cultural Quinta do Piñeiro de Corzáns realizará o próximo sábado 11 de febreiro, a partir dás 15:00 horas, un obradoiro sobre o pan de millo. Nel os participantes coñecerán os segredos dun dos produtos  máis coñecidos da nosa cociña tradicional. Ademais poderán elaborar coas súas mans, unhas “broas” totalmente artesanais, cocidas nun forno de leña.

A continuación, os asistentes gozarán dunha cea ao pobre composta de ovos fritos, chourizos e pan de millo.

O prezo do obradoiro máis cea será de 10€ por persoa. Cartos que irán destinados a financiar a Festa da Sementeira deste ano.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de febreiro a través do facebook da asociación: Quintadopiñeiro Sementeira Corzáns ou mediante os teléfonos: 637 764 865 o 678 929 633, para o próximo curso do  sábado 18 de febreiro.

30 de xaneiro de 2017 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.