publicidade hoxe

Ames adxudica o servizo de tesourería e de entidade xestora da recadación das taxas de abastecemento ao Banco Santander

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

O goberno municipal de Ames vén de aprobar, en Xunta de Goberno Local, a adxudicación do servizo de tesourería e recadación das taxas polos servizos públicos de abastecemento, saneamento, depuración e residuos sólidos urbanos, á entidade bancaria Banco Santander. Este servizo está vinculado ao novo sistema de recadación de taxas previsto no Ciclo Integral da Auga, na que o Concello de Ames emitirá os recibos a través da concesionaria e os ingresos se realizarán nunha conta de titularidade municipal.

No pasado mes de outubro o Concello de Ames abriu un proceso de licitación, a través dun procedemento negociado, no que seinvitou a todas as entidades financeiras con oficina no termo municipal (Abanca, Banco Pastor, Banco Sabadell, Banco Santander, BBVA, La Caixa -actual Caixabank-) co obxectivodelicitar o servizo de tesourería e recadación das taxas dos servizos anteriormenteindicados.

Unha vez finalizado dito procedemento, o goberno municipal acaba deadxudicar o servizo de tesourería e de entidade xestora darecadación das taxas polos servizos públicos de abastecemento, saneamento, depuración e residuos sólidos urbanos á entidade bancaria Banco Santander.Este procedemento está motivado e vinculado ao novo sistema de recadación de taxas previsto na licitación en curso do Ciclo Integral da Auga na que o Concello de Ames emitirá os recibos a través da concesionaria e os ingresos se realizarán nunha conta de titularidade municipal.

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, como responsable do departamento de Contratación explicou que “con este cambio recollido nos pregos do procedemento de licitación do Ciclo Integral da Auga, o que pretende o goberno é ter información detallada deste servizo que é un dos máis importantes do Concello. Coñecer en todo momento os gastos que supón para as arcas municipais e os ingresos obtidos por este servizo, non tendo que acudir ao concesionario para obter esa información porque disporemos dela de xeito inmediato o que nos vai permitir avanzar no estudo da municipalización do servizo”.

24 de xaneiro de 2017 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.