publicidade hoxe

Alumnos dos CEIP de Curtis e Teixeiro participan en obradoiros de corresponsabilidade familiar e igualdade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

Case medio centenar de nenos e nenas de 5º de primaria do CEIP de Curtis e de 5º e 6º de primaria do CEIP de Teixeiro participaron nos obradoiros de igualdade e de coeducación postos en marcha polo Centro de Información á Muller (CIM) de Curtis en coordinación cos centros educativos.

Con esta iniciativa, que se desenvolve de maneira periódica nos colexios e institutos, o Goberno local pretende que os mozos e mozas coñezan e comprendan o respecto do principio de igualde de oportunidades e que sexan conscientes da importancia de trasmitir unha imaxe plural e non estereotipada das mulleres e dos homes así como da necesaria corresponsabilidade familiar.

Este programa do CIM contou para o súa execución cunha subvención da Obra Social “La Caixa”.

26 de xaneiro de 2017 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.