publicidade hoxe

Álex Velasco preséntase como xogador do Santiago Futsal no Milonga’s

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Presentación Álex Velasco

Presentación Álex Velasco

Esta mañá tivo lugar a presentación de Álex Velasco como novo xogador do Santiago Futsal. O novo xogador firmou onte pola mañá co equipo branco e xa se exercitou co  primeiro equipo. Procede do Rivas FS da 2ª División e chega ó club de cidade santiaguesa para reforzar a posición de á-peche, na que o equipo contaba con poucos efectivos.

O presidente do Santiago Futsal, Ramón García presentou a Álex coma un xogador “que segue a liña do club, do que todos, tanto corpo técnico coma directiva, creemos que ten moito percorrido por diante”. Así mesmo, tamén apuntou a necesidade que o club tiña de fichar a un xogador que se adaptara ás condicións actuais da entidade “Coa baixa tan sensible de David Palmas, Álex ven ocupar esa posición de á-peche que tanto reclamabamos. Desexámoslle toda a sorte para este segundo tramo de Liga tan intenso que temos por diante”.

Pola súa parte, o madrileño quixo destacar que tomou a decisión de asinar polo Santiago Futsal porque “é un club que ten un filosofía, unha forma de traballar e unha xestión que encaixa moi ben coa miña forma de ver o fútbol”. Álex engadíu que “buscaba unhas condicións que me atraesen, a tódolos niveis, e non hai mellor sitio que este para xogar”.

Álex, que xa se exercitou co equipo no día de onte, asina ata final de temporada co Santiago Futsal e portará o número 11 na súa camiseta.

31 de xaneiro de 2017 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.