publicidade hoxe

Adxudícanse os traballos para a instalación dun ascensor no Conservatorio de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa da adxudicación dos traballos destinados á mellora da accesibilidade no Conservatorio Profesional de Música de Riveira a través da instalación dun ascensor, elemento do que o edificio carecía.

O importe total da actuación ascenderá a 80.102 euros e a empresa que desenvolverá os traballos será Domínguez Arias e Hijos, S.L.. A obra conta cunha axuda da  Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, estando cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Trátase dun novo paso para avanzar na accesibilidade en espazos públicos despois de que hai uns días rematase a unión mediante unha rampa das dúas alturas existentes no interior do cemiterio municipal de Santa Uxía.

19 de xaneiro de 2017 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.