publicidade hoxe

Adxudican a Marconsa a mellora da capa de rodadura da avenida Valle-Inclán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Xunta Local de Goberno acordou onte adxudicar a Marconsa a obra de mellora da capa de rodadura da avenida Valle-Inclán. Os traballos afectarán ao tramo municipal da avenida e financiaranse con fondos propios do Concello. A obra foi adxudicada por 55.000 euros.

Os traballos afectarán aos dous carrís de circulación de entrada ao centro urbano, posto que o outro lado da beirarrúa, o máis próximo ao mar, sitúase en terreos da Autoridade Portuaria. As tarefas de asfaltado destes dous carrís de competencia municipal comezarán á altura da rotonda do Cavadelo e rematarán na de Pablo Picasso.

Con esta actuación melloraranse considerablemente as condicións para a circulación dos vehículos xa que a vía está bastante deteriorada debido principalmente ao paso constante de camións pesados procedentes da rada, polo que presenta moitas fochas e desniveis.

3 de xaneiro de 2017 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.