publicidade hoxe

Actuacións de limpeza xeral en Marqués de Valterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección de Carme da Silva, continúa esta semana as limpezas xerais en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión será en Marqués de Valterra (Estribela), dende o linde con Marín até a rotonda de Avelino Montero Ríos.

A limpeza farase na madrugada do xoves, polo que se indicará unha prohibición de estacionamento en toda a rúa que entrará en vigor na tarde do mércores.

Desenvolverase con varredoiras, máquinas de auga e limpeza a pé.

A Concellaría solicita a colaboración dos veciños para que respecten esta prohibición e lograr que a beirarrúa e calzada queden ben limpas.

24 de xaneiro de 2017 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.