publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

ACES finaliza a campaña de Nadal e comeza a tempada de rebaixas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSarria
A-
A+

A Asociación de Comerciantes,  Empresarios, Profesionales e Autónomos de Sarria (ACES) finaliza a campaña de Nadal deste ano coa entrega á Cruz Vermella de Sarria de todos os xoguetes e libros recaudados nos 26 comercios sinalizados como punto de recollida. “Inocente-Inocente” logrou recaudar unha morea de xoguetes e libros (usados e novos) que permitirán que moitos nenos e nenas reciban aos Reis Magos.

Dende ACES estamos realmente satisfeitos coa acollida que tivo “Inocente- Inocente”, campaña que reflexa a solidariedade da nosa vila xunto co comercio, os cales se implicaron de cheo na mesma.

Con este acto, poñemos fin a campaña de nadal de este ano que estivo repleta de actividades: concurso de escaparates, visita de Papá Noel, ruleta do nadal, Inocente- Inocente, ruleta infantil, e a visita do Paxe Real. Unha campaña que no seu conxunto tivo gran repercusión nas redes e con moi boa acollida entre a poboación sarriana.

Rematada a Campaña de Nadal, o comercio de Sarria iniciará as Rebaixas de Inverno o próximo sábado 7 de xaneiro. Gran parte dos comercios do Centro Comercial Urbano de Sarria abrirán as súas portas o domingo día 8, en horario de mañá e tarde (das 11:00 ás 14:00 horas, e das 17:00 ás 20:00 horas).

Por último lembrar que estamos a traballar no Salon de Eventos & Vodas que se celebrará os días 21 e 22 de xaneiro no Hotel Alfonso IX, no que numerosos comercios da vila darán a coñecer as tendencias deste ano 2017 para todo tipo de eventos e vodas.

5 de xaneiro de 2017 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.