publicidade hoxe

Acebe sortea os premios da campaña de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos celebrou esta mañá o sorteo ante notario dos 1.500 € en premios da Campaña de promoción “Visítanos e ilusiónate” que se desenvolveu entre o 12 e o 31 de decembro nos establecemientos asociados a ACEBE CCA.

O notario Óscar Manuel López Doval sacou os oito boletos premiados de entre as case 225.000 papeletas que os comerciantes entregaron durante o periodo de duración da campaña.

O primeiro premio, de 500 euros foi para o 163.135, entregado en Almacenes Iberia.

Os segundos premios, de 250 euros cada un, foron para os números 85.931, entregado en Pulidos Prado, e para o 182.035, entregado en Gadis.

Os terceiros premios, de 100 euros cada un, foron para o 140.169, entregado en Confecciones Chela; 166.853, entregado en Segundo Productos Naturales; 170.555, entregado en El Cantón Ropa Interior; 24.741, entregado en Ferretería Roque Menaxe e 164.786 entregado en Liceo Internacional Agarimo.

As personas que teñan algún dos boletos premiados deberán contactar con ACEBE CCA antes do 27 de xaneiro para reclamar o seu premio, chamando ao 981774574, pasando polas oficinas situadas na Praza Mestre José Dapena nº 1 baixo (Edificio Escolas García Naveira) de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas ou enviando un correo electrónico a acebe@comerciodebetanzos.com

Os premios entregaránse en forma de tarxeta regalo canxeable nos establecementos asociados a ACEBE CCA. As bases do sorteo poden consultarse na web: www.comerciodebetanzos.com onde tamén están dispoñibles os números premiados.

Esta acción de promoción do comercio local foi organizada por ACEBE.CCA e contou coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Betanzos e GADISA.

9 de xaneiro de 2017 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.